IniciosociedadeMáis preto a renovada estrada Pedrafita-Seoane do Courel

Máis preto a renovada estrada Pedrafita-Seoane do Courel

A Xunta de Goberno da Deputación aproba a licitación por 370.000€ das obras de ensanche e mellora dun novo treito da estrada provincial LU-P-1301, que une Pedrafita do Cebreiro con Seoane do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución executa na actualidade traballos nun primeiro tramo desta vía cun investimento de 245.000€, este venres aprobou sacar a contratación o segundo, e a principios do 2022 licitará o terceiro e último, co cal, cumprindo co compromiso do Presidente, o vindeiro ano estará renovada e ampliada a totalidade desta estrada.

“No Pleno provincial adquirín o compromiso como Presidente e como responsable de Xestión Territorial de arranxar os 6 quilómetros desta estrada neste mandato, en tres anualidades. Pois ben, coa licitación que aprobamos hoxe, xa chegamos ao 70% do traxecto da estrada”, explicou Tomé Roca.

As actuacións contemplan a ampliación da estrada, dos actuais 4 metros ata os 5,5 metros de ancho, a drenaxe, afirmado, pavimentación e sinalización horizontal e vertical. Ademais, vanse colocar balizas de neve, paneis direccionais, fitos quilométricos, carteis e novos tramos de barreira metálica de seguridade.

Tendo en conta que as actuacións se fan na súa totalidade nunha zona que pertence a Rede Natura 2000 dos Ancares, búscase realizar unha actuación cun impacto medioambiental mínimo.

Cando finalicen as tres fases das obras desta estrada, avanzou o Presidente, a Deputación levará investido preto dun millón de euros nesta vía provincial, “o que beneficiará aos veciños e veciñas destes concellos e de toda comarca”.

A estrada autonómica de Pedrafita a Quiroga segue pendente

“Este investimento contribuirá a avanzar cara o reequilibro territorial, do que tanto se fala e que tan pouco se practica por parte doutras administracións, e que resulta imprescindible para o futuro do noso rural. O bo sería que a Xunta de Galicia se mirase no espello da Deputación, e que renovase tamén a estrada que é da súa competencia, a que vai de Folgoso do Courel a Seoane”, indicou. “Isto suporía que teríamos unha boa comunicación entre os concellos de Pedrafita do Cebreiro e Quiroga, e que, realmente, avanzaríamos cara o reequilibrio territorial e cara o futuro do rural, que tanto botamos de menos por parte da Xunta de Galicia”.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....