IniciosociedadeVisitas guiadas á xudaría de Monforte o 19 de setembro

Visitas guiadas á xudaría de Monforte o 19 de setembro

O Concello de Monforte continúa este mes de setembro coas actividades arredor da Xornada Europea da Cultura Xudea-Diálogos. O vindeiro domingo 19 de setembro haberá dúas visitas comentadas á zona de ámbito xudeu de Monforte, con saída dende a Oficina Municipal de Turismo (rúa do Comercio 6) ás 11:30 e ás 18:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As visitas  correrán a cargo do investigador monfortino, Felipe Aira, sendo estas gratuítas e cunha duración de hora e media. As prazas para realizar as visitas son limitadas, polo que será preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo.

A temática da Xornada Europea da Cultura Xudea proposta pola Red de Juderías para este ano 2021 xira arredor da palabra “Diálogo”, a través da cal propón difundir e promover narrativas positivas que resalten a contribución dos xudeus europeos a unha Europa máis plural e inclusiva.

A Xornada Europea da Cultura 2021 celebrará este ano una das súas edicións máis ambiciosas baixo o paraugas do proxecto NOA (Networking Overcoming Antisemitism), asociación de redes que ten por obxectivo combater o antisemitismo en Europa mediante a avaliación das políticas dos estados membros da UE en diversas áreas, desde a educación ata a cultura e a seguridade, co fin de axudarlles a desenvolver plans de acción integrais para abordar e previr o antisemitismo.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...