IniciosociedadeQuiroga traballa nun centro da vila máis "útil e bonito"

Quiroga traballa nun centro da vila máis “útil e bonito”

O Concello de Quiroga continúa aumentando o espazo libre que ten no entronque da rúa Real coa rúa Lago. Este espazo vai ser aumentado en 46 m2 tras a adquisición dun terreo que quedaba facendo esquina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Quiroga comezou a traballar nesta zona no pasado ano 2020, cando adquiriu un  terreo abandonado de 191 m2 cunha edificación en ruínas. Contando cunha achega económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dentro do plan HURBE púxose en marcha a intención de contribuír a facer o centro da vila máis “útil e bonito”.

Meses máis tarde, a este espazo uniuse outra parcela cunha edificación con expediente de ruína e da que os propietarios non se facían cargo. Tras máis de dous anos e ante a negativa dos propietarios a facerse cargo da súa demolición ou deixar actuar ao concello, tivo que aplicarse a normativa subsidiaria. Unha vez que se cumpriu con todos os trámites administrativos, incluída a publicación en boletíns oficiais, finalmente foi o xulgado o que autorizou que o concello puidese entrar nesta propiedade privada.

Agora a este espazo que está baleiro e acondicionado únese este novo terreo, dotado xa con bancos e árbores está complementándose cun gran mural que se está pintando nunha das fachadas e que representa a unha peregrina do Camiño de Inverno, ruta Xacobea que pasa por aquí.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...