IniciosociedadeNova maquinaria para a recollida de residuos en Monforte

Nova maquinaria para a recollida de residuos en Monforte

Son un total de 10 vehículos e equipamentos para a recollida de residuos municipais, que mellorarán a operatividade dos equipos destinados a este servizo así como no aumento da capacidade de recollida, cun investimento de máis de 635.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A adquisición destes novos elementos de limpeza viaria é froito das negociacións do Alcalde, José Tomé Roca, coa empresa FCC Medio Ambiente, que supuxeron a renovación do contrato para a recollida e transporte de residuos urbanos e limpeza viaria do municipio.

Tamén déronse a coñecer outros 2 vehículos de limpeza viaria que faltaban por entregar, e que non puideron ser dados a coñecer na presentación feita polo rexedor municipal o pasado mes de abril dos novos equipamentos adquiridos deste tipo. Os dous equipos presentados este martes foron adquiridos por 143.828 euros.

“Co investimento en vehículos e equipos anunciada hoxe, alcanzamos os 1,2 millóns de euros (1.220.604,75 €) en melloras desenvoltas polo Concello no servizo recollida de residuos municipais, que engadidas ás inversións en limpeza viaria (957.649,38 €), superan os 2,1 millóns de euros en melloras desenvoltas polo concello no servizo de limpeza e recollida de lixo,” destacou Tomé Roca.

Xunto con estas melloras na operatividade dos equipos, incorpóranse as últimas tecnoloxías referentes a emisións, ruídos, ergonomía e eficiencia xeral. Ó investimento realizado en equipos de recollida hai que sumar o dos distintos sistemas de contenerización de residuos, tanto no que se refire á fracción resto como os da selectiva, ademais da inversión na renovación dos colectores soterrados.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...