Iniciosociedade"Iguais" en Saúde Mental, unha iniciativa de Albores

“Iguais” en Saúde Mental, unha iniciativa de Albores

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, vén de respaldar e cofinanciar o Programa “Iguais” en Saúde Mental, que a Asociación Albores Saúde Mental está a desenvolver dende a localidade de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa, no que están a participar 13 mulleres con enfermidade mental, púxose en marcha en novembro do 2020, despois de observar a particular situación de desigualdade á que se ven expostas as mulleres con enfermidade mental:

  • As mulleres con enfermidade mental grave non son derivadas aos servizos de saúde mental na mesma medida que os homes: Algúns estudos dos últimos anos, poñen de manifesto que, en contra do pensamento médico tradicional, a porcentaxe de mulleres que presenta  enfermidade mental grave (esquizofrenia, trastorno bipolar,…) duplica á dos homes. Pese a isto, obsérvase que,  só un número reducido son derivadas aos servizos de saúde mental. A conclusión apunta a que poden existir diferentes sensibilidades cara as mulleres e os homes nos centros de detección e derivación e que se tendería a percibir socialmente como pouco problemáticos os síntomas e díagnósticos das mulleres.
  • As ausencias aos centros e programas de atención son máis frecuentes, o que reduce as súas posibilidades de recuperación e de inserción laboral: Ademáis, a propia entidade observa que, cando acceden aos programas de rehabilitación psicosocial e/ou laboral, o seu absentismo é maior, faltando aos ás sesións con máis frecuencia que os homes. O motivo das ausencias habitualmente está relacionado coa necesidade que ven  de antepoñer o coidado das persoas enfermas e dependentes do seu entorno, por diante do seu propio autocoidado. No 2020, o 80,3% das usuarias do CRPL (Centro de rehabilitación psicosocial e laboral) faltaron máis dunha semana, xustificándose na obriga de coidar dalgunha persoa convivente.
  • O maltrato é unha vivencia habitual e común ás mulleres con enfermidade mental: Constitúe un factor precipitante da enfermidade mental e considérase a causa do 25% dos intentos de suicidio femininos. De feito, a OMS revela que un dos mecanismos de abordaxe da prevención do suicidio é a actuación sobre a violencia machista. Cabe destacar que o 80% das mulleres con EMG que estivo en parella experimentou situacións de violencia de xénero (VX) nalgún momento, entre 3 e 4 veces máis que as da poboación xeral. O 42% das mulleres con enfermidade mental non a identifica.
  • Vulneración dos dereitos como cidadás (revictimización): A miúdo, as mulleres con discapacidade psicosocial non denuncian porque a sociedade e, por extensión, o persoal das Administracións Públicas como parte da mesma, lles resta credibilidade, dado que esta discapacidade está asociada a un nivel de estigmatización intenso.  É dicir, a muller non só é víctima ao ser o foco do delito, senón que o volve ser cando o persoal das AA.PP. (que serve á cidadanía para que poda facer efectivos os seus dereitos) socava a súa credibilidade. Outras manifestacións contra os seus dereitos, amparadas polas institucións, son a esterilización forzosa, as contencións mecánicas e a incapacitación xudicial, consideradas formas de violencia pola ONU.
  • Violencia sexual. Os problemas de saúde mental son un factor de vulnerabilidade á hora de experimentar situacións de violencia sexual, trata e prostitución. Esta última non deixa de ser unha situación de violencia por máis que se regularizase. O feito de que os abusos se cometan pagando e legalizándoos, non evita os profundos danos físicos e psíquicos que deixa.

O programa, que emprega a metodoloxía de itinerarios individualizados, está dirixido ás mulleres con enfermidade mental, que residen nalgún dos 11 concellos do distrito sanitario sur de Lugo, co obxectivo de mellorar as súas competencias persoais, sociais e laborais para que podan acadar unha mellor integración en termos de igualdade, principalmente respecto dos homes, aínda que tamén respecto das mulleres da poboación xeral. Está desenvolvido por un equipo multidisciplinar, que acompaña ás mulleres ao longo de todo un ano, composto por dúas Psicólogas, unha Traballadora Social e Orientadora Laboral e unha Avogada.

O éxito acadado nesta primeira convocatoria fai previsible que o programa se repita. Para as interesadas en participar, pode contactarse a través do teléfono 982.404.968  ou do enderezo albores@albores.org

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...