IniciosociedadeOs romanos, protagonistas da ‘vendima heroica’ en Doade

Os romanos, protagonistas da ‘vendima heroica’ en Doade

Unha tropa de lexionarios, representados pola asociación ‘Cohors III Lucensium”, dinamizarán a localidade de Doade, en Sober, con diferentes recreacións e a súa participación na vendima. As actividades serán esta fin de semana, 25 e 26 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A idea de recrear o paso dos romanos pola Ribeira Sacra, e concretamente por terras de Doade, no Concello de Sober, parte dunha iniciativa conxunta do establecemento A Cantina e a Asociación Cultural de Recreación Histórica ‘Cohors III Lucensium.

O obxectivo principal será representar unha vendima romana con lexionarios. Segundo palabras de Antonio Rodríguez, un dos artífices intelectuais desta actividade, “é unha vendima heroica polo esforzo dos lexionarios e súbditos na recollida e subida das uvas ata o poboado de Doade e Amandi”.

Pero a presenza dos romanos esta fin de semana en Doade non se reducirá a participar na vendima, tamén instalarán un campamento nas abas desta fermosa paraxe da Ribeira Sacra con forno de pan, prensa de uvas e demais oficios da época. “Un espectáculo de moito colorido ambientado nos séculos I e II”, refire Antonio.

Ademais, aproveitando a presenza de romanos na zona rodarase tamén unha escena para a curtametraxe “A última cea”.

PROGRAMA COMPLETO PARA A FIN DE SEMANA

SÁBADO 25

10:30 h. Demostración de traballos coa ‘Magna Rola’ que hai a carón do restaurante A Cantina de Doade.

12:00 h. Desfile dende a ‘Magna Rola’ ata o campamento, na adega Regina Viarum.

13:00 h. Vida no ‘campamento de campaña’. Demostración con diferentes máquinas: Torcularios prensando uvas, fragua forxando ferramenta, forno cocendo pan, noria de canxilóns transvasando auga, adestramento militar.

14:00 h. Xantar.

17:00 h. Vida no campamento.

20:30 h. Peche do campamento.

Lexión romana camiño do campamento en Regina Viarum. Foto: Santos

DOMINGO 26

9:00 h. Comezo da ‘vendima heroica’ nas viñas de Regina Viarum.

12:00 h. Vida no campamento.

14:30 h. Xantar.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...