IniciosociedadeSesión vermú dominical na Cantina de Meán, no Saviñao

Sesión vermú dominical na Cantina de Meán, no Saviñao

Será este domingo 26 e contará co pinchadiscos monfortino Rafa Aguiar, coñecido locutor radiofónico e animador musical.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rafa Aguiar chega á Cantina de Meán coa súa Discomóbil e cunha selección de temas musicais moi variada, divertida e sorprendente. A partir das 13:30 h. o pinchadiscos monfortino fará un percorrido por aqueles míticos 80-90 e tamén achegará o micrófono ás mesas para coller peticións do público, comensais preparados tamén para gozar da cociña de Juan, o anfitrión. 

Unha sesión musical que promete ser moi divertida, e que non se reducirá a unha sesión vermú senon que tamén terá unha segunda parte, na sobremesa tras o bo xantar. 

Rafa Aguiar amenizando un casamento no Barco de Valdeorras. Foto cedida a R.A.

DJ Rafa conta cunha longa traxectoria como técnico de son, locutor e pinchadiscos, traballou moitos anos na SER e actualmente é o responsable da emisora dixital Radio Monforte.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...