IniciosociedadeDesde este sábado amplíanse os aforos das rutas fluviais pola Ribeira Sacra

Desde este sábado amplíanse os aforos das rutas fluviais pola Ribeira Sacra

Tras o cambio das disposicións sanitarias autonómicas, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG), as embarcacións provinciais poden viaxar ao 90% da súa capacidade, incrementando unha cuarta parte a súa capacidade respecto ás medidas establecidas con anterioridade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ampliación do número de viaxeiros nos catamaráns contribuirá a aumentar o efecto multiplicador que este servizo turístico da Deputación ten na economía da Ribeira Sacra, sobre todo na hostalería e no comercio local.

Desde o organismo provincial manteranse vixentes as restantes medidas de prevención e contención da Covid-19, como as distancias de seguridade, o uso de máscaras, a desinfección dos monocascos ou a hixiene de mans. Tamén se continuará evitando que se produzan concentracións de persoas nos embarcadoiros.

As persoas que o desexen poden reservar o seu billete na páxina web reservas.rutasembalses.es, ou ben contactar no correo electrónico catamaranes.turismo@deputacionlugo.org ou no teléfono 982.260.196 en horario de luns a venres, de 09:00 a 14:30 horas.

As viaxes en catamarán da Deputación de Lugo son un dos grandes atractivos da Ribeira Sacra para os visitantes deste territorio. No que vai tempada, que arrancou no pasado mes de marzo, máis de 26.000 persoas gozaron xa desta oferta turística, delas, 16.000 durante o verán, o que supón practicamente o 100% das prazas que estiveron dispoñibles.

A institución mantén un ano máis os prezos para favorecer o fluxo de viaxeiros e a actividade económica que xera este servizo na zona sur. Deste xeito, as tarifas variarán entre os 9 e os 4 euros, tendo en conta se a viaxe se fai con billete ordinario ou reducido, ou con tarifa de grupo.

Ata a ponte festiva de decembro, as embarcacións saen de mércores a domingo, con dúas viaxes por día, na ruta que parte do embarcadoiro Ponte do Sil, e nas fins de semana, na ruta que sae do embarcadoiro de Belesar.

ÚLTIMAS

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...