IniciosociedadeO 18 comeza en Monforte un novo curso de aplicador e manipulador...

O 18 comeza en Monforte un novo curso de aplicador e manipulador de fitosanitarios

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza dende o luns 18 de outubro varios cursos de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios para que os agricultores reciban a formación adecuada para cumprir coa normativa vixente, ademais de facer un uso sostible dos fitosanitarios e das proteccións antes os riscos derivados do seu uso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O curso desenvolverase do 18 ao 25 de outubro para a obtención do carné básico. Terá lugar na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra (en Monforte de Lemos). A actividade cunha duración total de 27 horas impartirase en horario de tarde, de 16:00 a 21:00 horas. Trátase dun curso ponte que permitirá aos participantes completar a súa formación para adquirir o carné de nivel cualificado.

Abordaranse conceptos como as pragas dos cultivos e os seus métodos de control, a limpeza, regulación e calibración dos equipos de limpeza ou a eliminación dos envases baleiros. Así mesmo, trataranse cuestións como a relación traballo-saúde normativa sobre prevención de riscos laborais e as medidas para reducir os riscos neste eido.

Estes cursos están dirixidos principalmente a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Información e inscricións na web. Deberán remitir a solicitude ao enderezo formacion.agacal@xunta.gal ou chamar ao teléfono 881 997 279 se requiren información adicional.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...