IniciosociedadeHumanizar o espazo entre a biblioteca e o auditorio, demanda da A.V....

Humanizar o espazo entre a biblioteca e o auditorio, demanda da A.V. do Saviñao

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía e partidos da Corporación Municipal para propoñer a humanización e posta en valor do espazo do patio entre a Biblioteca e o Auditorio municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Consideran desde a asociación veciñal, que este espazo público, considerado como patio, está infrautizado e abandoado a pesar estar ubicado no centro de Escairón. Dende a asociación propoñen darlle algunha utilidade e humanizalo para que poida ser aproveitado como área de reunión e estancia das/os veciñas. “Recentemente vimos como se enchía de público na actuación dos Contacontos “Furafollas”, confirmando a aptitude deste espazo para actividades culturais e escenográficas na tempada de verán”, sinalan.

Dende a asociación propoñen algunhas medidas para que este espazo sexa aproveitado e utilizado a diario pola veciñanza:

  • Eliminación do peche e da valla e conversión deste lugar nunha praza.
  • Retirada do panel exterior para pegada de publicidade.
  • Colocación duns bancos e mesas para uso social.
  • Colocación de dous puntos de luz.
  • Sustitución ou arranxo das pérgolas do Auditorio que presentan un avanzado deterioro.
  • Adecentamento da caldeira da calefación e pintura dun mural para disimular esta instalación.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...