IniciosociedadeCharla sobre música popular galega no IES A Pinguela

Charla sobre música popular galega no IES A Pinguela

O encargado de trasladar estes coñecementos foi o músico e construtor de instrumentos Xosé Maceda, natural do Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A Pinguela vén de organizar, a través do Departamento de Lingua Galega, unha interesante charla relacionada coa música tradicional a cargo do músico Xosé Maceda.

No seu encontro co alumnado de 1º da ESO, abordou a tradición oral galega, a memoria das feiras e a contribución dos cegos á tradición musical e literaria popular.

Acompañado da súa zanfona, ofreceu ademais un pequeno concerto didáctico no que o alumnado puido participar de xeito lúdico.

Xosé Maceda nun momento da charla. Foto: IES A Pinguela.

Xosé Maceda foi un dos membros do mítico grupo Quempallou, leva anos compartindo os seus coñecementos sobre a música tradicional e ofrece formacións sobre construción de instrumentos tradicionais relacionados coa percusión.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...