IniciosociedadePreséntase en Exfilna o selo de Monforte co VII Conde de Lemos

Preséntase en Exfilna o selo de Monforte co VII Conde de Lemos

Preséntase en Exfilna 2021, Exposición Filatélica Nacional, o selo conmemorativo do VII Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro, emitido por Correos de España. A 59 edición de Exfilna en Lugo pode verse ata este mesmo domingo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A tirada oficial en toda España do selo do VII Conde de Lemos suporá unha acción promocional de gran relevancia para Monforte de Lemos e para a Ribeira Sacra, que viaxará máis aló das fronteiras do país. “Porque a promoción turística e cultural que supón estar presente nas series de Correos aportará a Monforte una nova proxección en España e no Mundo. Os selos viaxan por todas partes e logo invitan a viaxar á xente”, sinala Tomé Roca.

José Tomé amosou a súa satisfacción porque este ilustre monfortino, Don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, convértese en protagonista dun selo histórico emitido por Correos de España.

O VII Conde de Lemos foi presidente do Consello de Indias, Virrey de Nápoles, presidente do Consello Supremo de Italia, comendador da Orde de Alcántara, embaixador extraordinario en Roma e Correo Maior do Reino de Galicia, o que o revela “como un dos homes máis importantes do reinado de Felipe III, defendendo sempre os intereses desta terra” .

Destacou José Tomé Roca que o alcance do mecenazgo cultural de Fernández de Castro “resulta aínda máis impresionante. Escritor de fina ironía, exemplo de sabiduría e prudencia, que no sempre é compredida polo resto da corte”. O Rexedor puxo en valor que o VII Conde de Lemos foi protector dun bo número de escritores do Século de Ouro, como Lope de Vega, Luis de Góngora y Argote ou Francisco de Quevedo; e que tivo una estreita relación con Cervantes, quen lle dedicou a segunda parte do Quijote.

“A pegada de Don Pedro Fernández de Castro e da súa familia déixase sentir aínda hoxe no casco histórico de Monforte. O seu conxunto monumental sorprende a todos aqueles que chegaron por primeira vez. Como capital da Ribeira Sacra, Monforte ten o deber de preservar e promover este patrimonio monumental e artístico, que forma parte do noso pasado, pero temos tamén o deber de convertilo nunha fonte de desenvolvemento sostible no futuro”, sinalou o Alcalde.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...