IniciosociedadeQuiroga inviste cen mil euros na mellora do campo de fútbol e...

Quiroga inviste cen mil euros na mellora do campo de fútbol e nas pistas do parque da Constitución

Co inicio destas obras do novo sistema de rego, o equipo de fútbol Quiroga F.C. que iniciou esta fin de semana a liga na segunda autonómica, non poderá disputar ningún partido na casa polo menos ata o mes de xaneiro.º

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas obras de reforma do Campo de Fútbol San Martiño inclúese a remodelación da herba do terreo de xogo, colocando un novo sistema de rego e replantando o céspede. Tamén acondicionouse o campo de adestramento coa colocación dunha capa de terra vexetal e a sementa de céspede. O proxecto incluía tamén a roza e retirada de maleza e a retirada de escombros dunha cancha demolida. Ademais trabállase no peche do recinto co levantamento dun muro de bloque e a colocación dunha rede.

Ademais da reforma do campo de fútbol San Martiño tamén se levan a cabo melloras nas Pistas Multideportivas do parque da Constitución. Nestas dúas instalacións deportivas investiranse preto de 100.000 €. Serán dúas fontes de financiamento distintas coas que se conte para realizar estes traballos de mellora. Por unha parte a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia aportará 48.394 €, mentres que do Plan Único da Deputación Provincial de Lugo investiranse outros 48.387´90 €.

En canto ás melloras proxectadas nas pistas multideportivas do parque da Constitución, xa se realizou a roza e limpeza do talude da parte de abaixo e agora vaise substituír a malla inferior e cerrarase a pista con madeira tratada.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...