Un outubro de ocupación na Ribeira Sacra como antes da pandemia

As previsións de ocupación para novembro son do 46,5% e para esta ponte de defuntos do 81%, sendo o máis demandando apartamentos turísticos e o resto de aloxamentos.

Casa do Romualdo / clubrural.com

Cos datos recollidos ata o de agora, o balance de ocupación en aloxamentos no mes de outubro na Ribeira Sacra foi do 69%, igual que no 2019. Aumentou con respecto a antes da pandemia a ocupación en Hoteis e Turismo Rural, no primeiro caso a ocupación foi do 81%, fronte ao 77% no 2019 e en Turismo Rural pasou do 62% ao 65%.

En vivendas turísticas a ocupaci´ón foi do 68% e en outros aloxamentos do 61%. Cos datos recollidos ata o de agora, a porcentaxe de ocupación no cómputo de aloxamentos para este mes de outubro iguala á acadada no mes de setembro, feito nunca ocorrido desde que se teñen rexistros de ocupación. Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra sinalan que o habitual nos últimos anos sempre foi un descenso de ocupación en outubro con respecto ao mes anterior.

Engaden “Aprezamos neste mes de outubro unha notable diferenza da ocupación en días laborais con respecto ás fins de semana. Mentres que en setembro esta diferenza era de 8 puntos, en outubro xa ascende a 37. A ocupación durante as fins de semana de outubro acadou un 86% de media, marcando a cifra máis alta os hoteis de 4 e 3* (92%), seguidos polas casas de turismo rural (90%).”

Os hoteis de 4 e 3* e as casas de turismo rural acadan o seu maior porcentaxe de ocupación para o mes de outubro desde que se teñen rexistros.

As previsións de ocupación para novembro son do 46,5% e para esta ponte de defuntos do 81%, sendo o máis demandando apartamentos turísticos e o resto de aloxamentos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here