IniciosociedadeMáis de 500 persoas participaron no Qui-Medo de Quiroga

Máis de 500 persoas participaron no Qui-Medo de Quiroga

O percorrido desta edición, duns 4 quilómetros, fíxose en máis de dúas horas levando aos participantes a recorrer unha ruta polo casco urbano de Quiroga, o Paseo Fluvial e Pacios de Mondelo coa parada en seis casas do terror.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os organizadores da actividade, que contaban coa colaboración do Concello de Quiroga prestando as instalacións, propuxeron unhas casas só aptas para valentes. A palleira, O circo do terror, A vinganza da matanza, A prisión zombi, A mansión dos vampiros e A casa maliciosa eran os nomes das casas do percorrido e dan unha idea do que se podía atopar dentro.

O pavillón municipal foi o centro neurálxico da actividade. Aquí ás 20.00 da tarde presentábase a proposta para despois recoller e os pases que permitían a entrada nas casas do terror e os mapas nos que estaba marcado o recorrido.

A terrorífica xornada rematou cunha festa no pavillón municipal con chocolate para todos os participantes e premio para o mellor disfrace individual e colectivo. 

Voluntarios/as do Qui-Medo 2021. Foto: QuiMedo

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...