IniciosociedadeViniGalicia segue sumando indicadores Ardán á internacionalización e á innovación

ViniGalicia segue sumando indicadores Ardán á internacionalización e á innovación

Por segundo ano consecutivo a empresa de Chantada consegue os recoñecementos a Empresa Global e a Empresa Innovadora concedidos por a Confederación Zona Franca de Vigo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O primeiro distintivo foi outorgado polos avances en internacionalización de Vinigalicia que en 2021 xa está presente en 27 países. A pesar da situación sanitaria, a exportación presentou un comportamento moi positivo na compañía: lograron aumentar a súa facturación e a súa carteira de clientes en países nos que xa tiña presenza, creando novas marcas adaptadas ás súas necesidades e, tamén, conseguiron levar as súas marcas propias a máis países a través de novos distribuidores.

No que respecta ao indicador de Empresa Innovadora, o grupo adegueiro atópase en pleno cambio implantando melloras tanto na xestión comercial como a nivel produtivo, coa tecnoloxía como foco para crecer e ser máis sostibles no futuro.

Só o 5% das empresas galegas consegue alcanzar os criterios establecidos para obter estes distintivos, polo que supón un orgullo para a compañía conseguilos un ano máis.

Esta familia adegueira nace no ano 1940 e a día de hoxe logrou estar presente nas 5 denominacións de orixe galegas ofrecendo unha gran variedade de marcas

ÚLTIMAS

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...