Concentración por unha sanidade pública e accesible para os maiores

A concentración convocada por CCOO desenvolveuse diante do centro de saúde de Monforte.

CCOO Sanidade Pública

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO esixe con estes actos, incrementar o orzamento sanitario público, paralizar o peche de centros de saúde, recuperar a accesibilidade e a atención presencial nos centros de saúde, restablecer a capacidade e reforzar a atención primaria cao incorporación de novas categorías profesionais.

Demandan tamén orientar a actividade da atención primaria á promoción, prevención, rehabilitación e actividades comunitarias dirixidas a actuar sobre os determinantes da saúde. Segundo o sindicato estas medidas son claves para recuperar a atención primaria cos medios suficientes para resolver más do 80% dos problemas de saúde da poboación e, en especial, os que afectan ás persoas maiores.

Desde a Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia aseguran que apoiarán as mobilizacións convocadas polas organizacións sindicais e as xuntas de persoal e fan un chamamento á poboación a participar nelas para facer maior presión social e conseguir cambios.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here