IniciosociedadeMonforte acolle este venres a preestrea de Live is Life do director...

Monforte acolle este venres a preestrea de Live is Life do director Dani de la Torre

Multicines Hollywood de Monforte de Lemos, acolle ás 20.00h a presentación en primicia do filme, que se estreará en 2022 nas salas nacionais. Na sesión participarán De la Torre xunto a parte do equipo artístico e técnico, ademais do produtor Toni Novella.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Live is Life, dirixida por Dani de la Torre e baseada nunha historia orixinal de Albert Espinosa, traslada ao espectador á noite de San Xoán a mediados dos anos 80 para narrar a historia dun grupo de cinco nenos nun pequeno pobo de Galicia.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participará este venres na preestrea, a institución provincial colaborou coa rodaxe e produción da longametraxe cunha achega de 100.000€ dentro do seu compromiso de apoiar esta industria cultural e, ao mesmo tempo, promocionar o territorio e incentivar o turismo de calidade e sostible.

O mandatario provincial salientou o protagonismo da Ribeira Sacra en Live is Life: “trátase dun escaparate excepcional da provincia que atraerá a novos visitantes, impulsando o turismo lucense e os sector hostaleiro”. A Deputación traballa para impulsar a industria audiovisual, nos últimos dez anos o organismo provincial colaborou con máis de 30 películas, documentais, curtas e series.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....