IniciosociedadeOutono moi activo na Escola Oficial de Idiomas de Monforte

Outono moi activo na Escola Oficial de Idiomas de Monforte

Cinema, fotografía e chamamento a voluntarias e voluntarios para participar na dinamización da biblioteca do centro.

Publicado o

- Advertisement -

O Ciclo de Cinema da Escola Oficial de Idiomas de Monforte, que comezou o pasado 19 de novembro, ten unha nova proxección o vindeiro venres 26 no Multicines Hollywood de Monforte.

A película que se poderá ver de balde en versión orixinal en francés con subtítulos en castelán, a partir das 20:30 h. é ‘Hors normes’, é unha comedia dramática que foi ‘Premio do público’ no Festival de San Sebastián e película de clausura no Festival de Cannes no ano 2019. As entradas pódense retirar na EOI ou xa na propia sala o día da proxección ás 21:15 h e sempre que houbese entradas dispoñibles.

A xerencia da Escola Oficial de Idiomas tamén informa que están dispoñibles en Instagram as fotos do concurso ‘Outono Fotográfico’ podendo votar antes do venres 26 de novembro. A que teña máis ‘gústame’ gañará o certame.

Biblioteca EOI Monforte / XdL

Outra iniciativa do centro é dinamizar a biblioteca. Con este obxectivo convidan á xente a aproveitar a oportunidade de ser “alumno/a-voluntario/a”. Colaborando de 15 a 30 horas ata o mes de maio, aqueles que participen na iniciativa recibirán formación, supervisión e un diploma acreditativo da participación en actividades de voluntariado na biblioteca. As persoas interesadas poden enviar un correo a eoimonforte@gmail.com antes do 8 de decembro.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...