IniciosociedadeObradoiro de igualdade e concurso de beléns en Monforte

Obradoiro de igualdade e concurso de beléns en Monforte

O Concello de Monforte vén de convocar o seu tradicional 'Concurso de beléns' e, aproveitando o programa do 25N, dirixe ao alumnado de 6º de educación primaria dos centros de ensino unha actividade formativa sobre igualdade de xénero baixo o título “En liña coa igualdade”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende este martes 23 de novembro está en marcha o obradoiro “En liña coa igualdade” dirixido ao alumnado de 6º educación primaria e organizado polo Concello de Monforte dentro do seu programa de actividades arredor do 25-N.

Caracterízase polo seu carácter práctico e de traballo en equipo no que se analizan o uso das redes sociais, a visión da adolescencia nas redes (a importancia da imaxe, a hipersexualización infantil en internet…) así como as consecuencias negativas que a mesma provoca nos nenos, nenas e adolescentes.

A formadora é Noelia Rodríguez Álvarez, unha educadora social con ampla formación e experiencia en igualdade que tras analizar os conceptos anteriormente sinalados traballará “aquilo que amosa a rapazada nas redes sociais e a rede de contactos que acceden a estes contidos”.

CONCURSO DE BELÉNS

A Concellería de Cultura do Concello vén de convocar un Concurso de Beléns no que poderán participar os centros educativos de Monforte, podendo presentarse só un belén por centro.

As solicitudes de inscrición para a participación no certame poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte, sendo o derradeiro día o 15 de decembro ás 14:00 h. Todas aquelas solicitudes presentadas fóra deste prazo serán desestimadas calquera que sexa a causa do seu atraso.

O xurado cualificador do concurso visitará os centros participantes o 16 de decembro. A súa decisión será inapelable tras valorar tres aspectos das elaboracións: a orixinalidade, o traballo e a presentación artística. Os premios faranse públicos aos medios de comunicación este mesmo día.

O xurado estará composto por:

-Presidente: A Delegada de Cultura ou persoa á que designe.

-Vocais: Persoas relacionadas coa cultura local.

-Secretario: O técnico de Cultura do Concello de Monforte, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases do concurso.

O xurado terá liberdade de criterio para establecer as súas cualificacións, sendo os criterios a valorar os seguintes: a montaxe, a elaboración, os materiais utilizados, a orixinalidade, o interese etnográfico e a calidade do belén.

PREMIOS

Haberá un primeiro, un segundo, un terceiro premio e un accésit. Se o xurado o considera oportuno poderá conceder dous primeiros, dous segundos, dous terceiros premios ou tres accésits, sempre que a suma total dos premios concedidos no concurso non supere os 510 euros.

Os premios serán indivisíbeis e poderá quedar deserto algún deles, segundo a decisión do xurado do concurso. Así, o 1º premio estará dotado con 100 euros, o 2º premio con 80, o 3º premio con 50 e o accésit con 30.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...