O Saviñao gardará un minuto de silencio e lerá un manifesto no 25N

Estas actividades forman parte da programación de actividades impulsadas polo Concello e que se están a levar a cabo dende comezos de mes e durarán ata o 20 de decembro.

concello O Saviñao

Ao longo deste xoves repartiranse bolsas térmicas, gorras, pulseiras e folletos informativos contra esta lacra nos colexios de Escairón e Currelos, así como na escola infantil municipal. Tamén dará comezo o prazo de inscrición para anotarse no curso de defensa persoal para mulleres. O prazo para facer este trámite remata, precisamente, o día 20 do mes que vén.

Dende hoxe ata o 10 de decembro tamén se poderá visitar a exposición de debuxos sobre as mulleres afgás cedidas polo colexio de Escairón. O traballo de sensibilización e concienciación sobre a importancia e a necesidade de erradicar o maltrato feminino comezou o día 8 de novembro; data na que o Concello instalou xa un lazo luminoso na fachada da Casa Consistorial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here