Iniciosociedade"Cómpre unidade e firmeza contra os que negan esta realidade,", manifesto 25N...

“Cómpre unidade e firmeza contra os que negan esta realidade,”, manifesto 25N en Monforte

Ás 12 do mediodía, a praza do Concello encheuse de cidadáns, que acompañaron a gran parte da corporación municipal na lectura do manifesto contra a violencia machista a cargo da Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou este xoves, 25 de Novembro, o Día Internacional contra a violencia machista, dentro da campaña de sensibilización “Monforte, en Negro contra as Violencias, organizada pola Concellería de Muller e Igualdade organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM).

Tralo manifesto, o acto na Praza do Concello, seguiu coa lectura dun poema por parte da concelleira e escritora monfortina, Margarita Rodríguez Otero e concluíu coa celebración dun minuto de silencio por todas as vítimas de violencia machista.

Manifesto 25N Monforte

Con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, penso que hai que comezar polos datos terribles que nos da a “Macroencuesta de violencia contra la mujer” na que se di que un 34,2% das españolas recoñecían ter sido vítimas do machismo en algún dos seus xeitos.

Non quero esquecerme das mulleres das zonas rurais, no que o sufrimento adoita ser maior polo illamento das vítimas.

A día de hoxe son xa 37 as mulleres asasinadas por este tipo de violencia no que vai de ano 2021 e mais de 1100 dende o 2003. Compre pararse a pensar que estes no son só números, son nomes, rostros, ilusións perdidas e vidas truncadas.

E o que ten a culpa de todo isto e o machismo criminal agochado na nosa inxusta sociedade, que non respectan nin recoñecen á inmensa maioría desa sociedade que esta formada por mulleres.

Hoxe, e un feito que os que negan a existencia desde tipo de violencia está medrando en todo o mundo, tamén en España. Escóitanse voces dos que queren limitar os dereitos das persoas asañándose moito mais en contra das mulleres.

Cómpre unidade e firmeza contra os que negan esta realidade, e rematar con este sufrimento é cousa de toda a sociedade, sendo fundamental que se impliquen todos os poderes do Estado e das Administracións a mais de todas as ferramentas  con que conta un pais democrático  como é España.

Hai que loitar para que ningún interese partidista estea por riba do recoñecemento deste modo de violencia.

Sabemos que existe no mundo o peor tipo de violencia que o sofren as mulleres e as nenas, só por ter nacidas co sexo feminino: violencia sexual, matrimonio a forza, mutilación, xenital, prostitución son somentes algunhas das caras da mesma moeda.

As violencias son todas rexeitables e compre loitar contra todas en cada un dos frontes onde haxa que dar a batalla, pelexando sempre pola igualdade e o feminismo.

Sabemos que non é doado, mais por iso non debemos deixar de intentalo, tódolos dias, a todas horas, e dende todos os lugares onde sexa preciso.

TEMOS QUE GAÑAR ESTA LOITA!!!!!!!

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...