IniciosociedadeCortado por obras o tráfico ferroviario entre Monforte e Lugo os días...

Cortado por obras o tráfico ferroviario entre Monforte e Lugo os días 18 e 19 de decembro

O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido os próximos días 18 e 19 de decembro debido ás obras de mellora que Adif leva a cabo neste corredor. Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos afectados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Adif acometerá durante estes días actuacións en infraestruturas (obras de drenaxe, pasos superiores, noiros de trincheiras e túneles) e en vía para permitir a electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo Mercadorías, de 75 quilómetros de lonxitude.

Para realizar estes traballos, o servizo interromperase desde as 22:30 horas do venres 17 de decembro e ata a madrugada do luns 20, afectando por tanto ás circulacións ferroviarias de viaxeiros do sábado 18 e o domingo 19 de decembro.

As actuacións de mellora que levan a cabo no tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe. Entre as principais actuacións previstas figuran a adaptación da infraestrutura ás novas condicións de explotación, o cambio de electrificación de 3 kV a 25 kV no tramo Ourense-Monforte de Lemos e a electrificación a 25 kV do tramo Monforte de Lemos-Lugo.

Plan alternativo por estrada para os servizos ferroviarios afectados

Renfe estableceu un Plan Alternativo por estrada para os días 18 e 19 de decembro:

  • Tren Alvia con saída de Madrid- Chamartín ás 12:55 horas e chegada a Lugo ás 18:25 horas: os clientes con destino Sarria e Lugo realizan o percorrido por estrada desde Monforte de Lemos.
  • Tren Alvia con saída de Lugo ás 10:50 horas e chegada a Madrid- Chamartín ás 15:23 horas: os clientes con orixe Lugo e Sarria realizan o percorrido por estrada ata Monforte, desde onde continuarán por tren.
  • Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 16:50 horas e chegada a Lugo ás 18:25 horas: os clientes con destinos Sarria e Lugo realizan o percorrido por estrada desde Monforte de Lemos.
  • Tren de Media Distancia con saída de Lugo ás 10:50 horas e chegada a Ourense ás 12:24 horas: os clientes con orixe Lugo e Sarria realizan o percorrido por estrada ata Monforte, desde onde continuarán por tren.
  • Tren de Media Distancia con saída de Monforte de Lemos ás 7:30 horas e chegada ás 10:10 horas á estación da Coruña: realízase por estrada o percorrido desde Monforte de Lemos ata Rábade.
  • Tren de Media Distancia con saída da Coruña ás 6:38 horas e chegada ás 10:05 a Ourense: realízase por estrada o percorrido entre Rábade e Ourense.
  • Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 11:50 horas e chegada ás 13:28 horas a Lugo: realízase por estrada a totalidade do percorrido.
  • Tren de Media Distancia con saída de Lugo ás 15:00 horas e chegada a Ourense ás 16:34 horas: realízase por estrada a totalidade do percorrido.
  • Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 19:52 horas e chegada á estación da Coruña ás 23:13 horas: realízase por estrada o percorrido entre Ourense e Rábade.
  • Tren de Media Distancia con saída da Coruña ás 19:35 horas e chegada ás 22:33 horas á estación de Monforte de Lemos: realízase por estrada o percorrido desde a estación de Rábade ata Monforte de Lemos.

Ofrécese a posibilidade de anular os billetes ou cambialos sen custo adicional (se é para a mesma clase, no caso de modificalos), se as novas condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos clientes. Adif e Renfe lamentan as molestias ocasionadas aos viaxeiros

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...