Iniciosociedade"Subnormal. Unha historia de acoso escolar", un cómic sobre como o bullying...

“Subnormal. Unha historia de acoso escolar”, un cómic sobre como o bullying destrúe vidas

Miguel Porto (debuxante) e Fernando Llor (escritor) de “Subnormal. Unha historia de acoso escolar” presentaron ao alumnado do IES A Pinguela este cómic baseado nos borradores do seu protagonista, Iñaqui Zubizarreta, exbaloncestista, quen relata o calvario que sufriu de adolescente no seu colexio en Getxo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os autores explicaron o proceso creativo do texto e da imaxe da novela gráfica, en colaboración con Iñaki, e da importancia de condenar a violencia que se puidese dar contra os nenos nos centros de ensino e na sociedade. “Decidí que lo mostráramos todo en su crudeza. Que se deje ya de decir que son ‘cosas de chavales”, señala sobre as viñetas o que fora xogador do Pamesa Valencia.

As malleiras, as humillacións, os insultos. O tempo que o deixaron en coma, e o tempo que lle mergullaron a cabeza nas feces. Realmente houbo compañeiros que lle pegaron e unha profesora que, en vez de defendelo, lle
chamou “parvo”.

Iñaki Zubizarreta pasou a súa adolescencia asediado. Tanto é así que, nunha caricatura, a desesperación empúxao ao bordo dun barranco. E iso tamén pasou. Hai tantas feridas na súa memoria, “O bullying é destruír vidas”, defende Zubizarreta. Por iso quería un cómic tan implacable como os seus recordos, unha obra que convertese ó lector nun neno acurralado. O propio título do cómic non deixa lugar aos filtros: Subnormal. Porque así lle chamaban, unha e outra vez.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...