Iniciosociedade"O Lotón" reparte mil euros para gastar no comercio de Sarria este...

“O Lotón” reparte mil euros para gastar no comercio de Sarria este Nadal

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES) presenta a campaña de Nadal. O comercio e hostalaría da vila desexan transmitir alegría e ilusión nestas datas, a pesar das circunstancias, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade fronte á COVID.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria embelecen as rúas con iluminación e os escaparates dos comercios con decoración do nadal. A ese ambiente navideño engaden outras propostas como unha nova edición do Lotón, que se desenvolverá entre o 15 e o 31 de decembro. As compras entre as datas sinaladas farán que un/unha cliente do CCU de Sarria gañe mil euros, que terá que gastar de novo nos comercios asociados.

Esta é a actividade central da campaña, cun premio moi apetecible entre os consumidores do CCU. Mil euros que premiarán a fidelidade dos consumidores ao pequeno comercio. A persoa premiada terá que facer as súas compras antes do día de Reis. O sorteo terá lugar no bulevar da Calvo Sotelo o día 4 de xaneiro. 

Ademais, os establecementos asociados poderán participar un ano máis no concurso de escaparates que ten como obxectivo a posta en valor dos negocios locais a través das votacións do público nas redes sociais. Haberá animación nas rúas coa saída dos trasgos de nadal do CCU, e os clientes poderán sacar fotos que posteriormente se subirán ás redes. 

Estas actividades convivirán coa campaña de nadal da Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa Deputación de Lugo, “Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo“, no que se sortean 30.000 euros repartidos en 1.000 tarxetas prepago de 30 €. Catro sorteos de 250 tarxetas cada un, o primeiro celebrouse o día 25 de novembro e os nosos comercios asociados repartiron 38 premios, un total de case mil douscentos euros; o segundo sorteo celebrouse hoxe ás 12:00 horas e esperamos repartir tamén moitos premios nos nosos comercios. 

Dende a Asociación búscase a maior implicación do comercio local e hostalaría coa veciñanza da Comarca e o apoio conxunto ao comercio de proximidade. 

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...