Iniciosociedade'O Mago Carlos', o celador ilusionista de Rubián

‘O Mago Carlos’, o celador ilusionista de Rubián

Carlos Armesto, moi coñecido na Comarca de Lemos, compaxina o seu traballo no Hospital Comarcal de Monforte cunha das súas afeccións, a maxia. Esta noite actúa no Bar Club Fluvial da cidade do Cabe.

Publicado o

- Advertisement -

Carlos Armesto, coñecido artisticamente como “O Mago Carlos“, ten moitas virtudes, pero destaca pola súa simpatía e retranca. É unha desas persoas que ten sempre unha carallada a man para sacarche un sorriso.

Traballa de celador no Hospital Comarcal de Monforte, profesión que compaxina coa práctica da maxia, actuando a nivel de Galicia aínda que con máis presenza e sona na Comarca de Lemos.

Os seus atributos devanditos, a simpatía e a retranca, sérvenlle para ser considerado como un gran compañeiro de traballo e un mago con gran sentido do humor. Un tipo ideal para traballar con el ou ir tomar uns viños na súa compañía.

Nos seus espectáculos de maxia demostra un gran coñecemento da técnica, cun amplo repertorio de números moi ben executados, e tamén controla moi ben a interacción co público con saídas e comentarios cheos de retranca.

Este sábado 11 de decembro actúa no Bar do Club Fluvial de Monforte ás 23:00 h.

Entrada ao Club Fluvial de Monforte / XdL

No 2019 fixémoslle unha entrevista a Carlos, podedes volver a lela AQUÍ.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...