IniciosociedadeO 18 de decembro complétase a ruta da Ribeira Sacra do Miño

O 18 de decembro complétase a ruta da Ribeira Sacra do Miño

A Asociación Veciñal do Saviñao organiza para este sábado, 18 de decembro, a última etapa desta ruta de sendeirismo entre Pantón e O Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sairase dende Bexán con baixada ata o burgo de Belesar, subida polos codos ata a igrexa románica de S. Paio de Diomondi.

Pasarase polos restos da igrexa de Montecelo ata os lugares de Piñeiro e Galegos. Dende aquí atravesarase o souto ribeireño ata as proximidades de Buxán onde se visitarán os restos do eremitorio de S. Pedro de Cela, e remate na recentemente restaurada igrexa románica de Stº Estevo de Ribas de Miño. En total uns 9 quilómetros.

A saída en microbús será ás 9:15 dende a praza Maior de Escairón, con volta en torno ás 2 da tarde. É imprescindible apuntarse para organizar o trasporte, nos teléfonos 677726325 ou no 982452013.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...