Ilusión e creatividade para decorar de Nadal o rural

A aldea de 'Gallegos', no Concello de Pantón, amosa orgullosa a súa decoración para estas festas.

Decoración aldea Gallegos no Concello de Pantón. Foto: SdP.

A asociación cultural Segredos de Pantón dános a coñecer unha iniciativa ben fermosa que nos lembra o poder da ilusión e do traballo en común para crear un ambiente de Nadal sen ‘despilfarros’ e con materiais reutilizables.

Aa aldea de Gallegos, na parroquia de San Vicente de Castillón, no Concello de Pantón, foi decorada con adornos de Nadal entre as veciñas e os veciños do lugar contando tamén coa colaboración dalgúns membros de Segredos de Pantón.

Segundo palabras do seu presidente, Lucas Vázquez, a idea é “tentar animar á xente a ir a lugares da nosa comarca e promover o uso responsable dos nosos recursos e da importancia da reciclaxe e reutilización”.

A parada de bus con elementos decorativos. Foto: SdP

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here