Iniciosociedade1.700.000€ para o Centro de Atención a Maiores de Pantón

1.700.000€ para o Centro de Atención a Maiores de Pantón

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou co Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, o convenio para a construción do Centro de Atención a Maiores desta localidade. Un acordo que ascende a 1,7M€. A institución provincial achegará 1,4M€ e o Concello 300.000€ en cinco anualidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto da residencia de Pantón é o primeiro da Rede Provincial de Centros de Atención a Maiores que se elaborou integramente contando co asesoramento do Servizo de Benestar da Deputación. “Isto ten a vantaxe de que se incorporaron todas as melloras que se foron detectando grazas á experiencia conseguida nas residencias que xa temos en funcionamento”, concreta Tomé Roca.

Este Centro de Atención a Maiores construirase no centro de Ferreira, na rúa Ourense. “Será moi acolledor, tanto pola súa situación, en pleno centro de Ferreira, como polo seu deseño, pensado por e para as persoas, de tal xeito que favorecerá unha atención personalizada e unha convivencia agradable”, destacou Tomé Roca.

A residencia creará emprego e actividade económica, aos en torno de 25 postos de traballo directos que xerará o centro, hai que sumar o emprego indirecto e o retorno económico que o funcionamento deste servizo terá para os negocios locais, tales como a farmacia, comercios, supermercados, hostalería ou produtores de alimentos.

Centro de atención a maiores de Pantón

Terá capacidade para entre 30 e 39 prazas, distribuídas en 18 habitacións dobres e 4 individuais, máis 3 prazas en enfermaría. Todas as habitacións serán accesibles e amplas, e contarán con cuarto de baño propio. O edificio constará dunha planta semisoto, unha planta baixa, dúas plantas altas e un ático.

No semisoto situarase unha sala de estimulación multisensorial, despachos para o persoal, vestiarios e almacéns. A planta baixa é a de acceso principal. Albergará o comedor, a cociña, a zona de administración e dirección, salas de convivencia e de actividades, así como cuartos de baños. As dúas plantas superiores acollerán as habitacións cos seus correspondentes cuartos de baño, ademais de almacéns e locais de limpeza. No ático está a zona de lavandería, locais das instalacións e almacéns.

Na actualidade a Deputación ten sete centros de atención a maiores abertos en Trabada, Pol, Ribadeo, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro e Meira, e o ano que vén prevé abrir o de Navia de Suarna e Ribas de Sil. Ademais, sigue traballando nos proxectos que están en marcha na Pontenova, Portomarín, Guitiriz, Becerreá, A Pobra do Brollón, Ourol ou Folgoso do Courel, entre outros. Nos orzamentos 2022 a Deputación aumenta un 20% a partida que destina aos Centros de Atención a Maiores ata acadar preto de 10M€.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...