Iniciosociedade176.000€ para a estrada entre O Torno e Gorgonzo no Saviñao

176.000€ para a estrada entre O Torno e Gorgonzo no Saviñao

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este xoves a adxudicación por preto de 176.000€ das obras de rehabilitación do firme da LU-P-5811 que une O Torno con Gorgonzo, no Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos inclúen a mellora do firme dos preto de 4 primeiros quilómetros desta vía, e consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización. A empresa adxudicataria resultou Fevisa Vías e Obras SL e o prazo para a execución é de 9 meses.

García Porto sinalou que esta é “unha obra moi importante para seguir mellorando a rede de estradas da Deputación de Lugo e, polo tanto, a mobilidade dos veciños e veciñas da provincia”.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...