Festival de Nadal con maxia no IES A Pinguela

No IES A Pinguela remataron o trimestre cun minifestival de Nadal adecuado ás circunstancias epidemiolóxicas.

IES A Pinguela Festival Nadal 2021 / IES A Pinguela

Na primeira parte, os departamentos de Galego e de Orientación exerceron de mestres de ceremonias da entrega de premios dos concursos que se desenvolveron nestes meses: Carteis contra a violencia de xénero, postais, poesía en galego e español, contos de medo do Samaín… Todos levaron un obsequio oara disfrutar neste Nadal.

A continuación, ademais da esperada entrega de notas ofrecuse ao alumnado un novo un espectáculo de maxia a cargo do Mago Martín Camiña, que substituiu a última hora á anunciada Maga Fany por un contratempo que lle imposibilitou acudir a Monforte.

Para respectar as necesarias distancias, pola mañá desfrurtaron da actuación os alumnos de 1º e de 2º de ESO. Pola tarde, os de 3º e 4º. Houbo sorpresas, risas e, sobre todo, moita ilusión.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here