IniciosociedadeSober aproba un orzamento de 2.800.000€ do que máis da metade destínase...

Sober aproba un orzamento de 2.800.000€ do que máis da metade destínase a gasto social e benestar comunitario

O Concello de Sober destina 1.500.000 euros das Contas do ano 2022 a gasto social e benestar comunitario, o que significa máis do 50 por cento do presuposto para o vindeiro ano, que vén de ser aprobado e que ascende a case 2,8 millóns de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local aprobou os presupostos para 2022 cos votos a favor de PP e PSOE e a abstención de Agroma Sober, uns orzamentos que totalizan 2.783.910 euros e nos que se tiveron en conta na súa elaboración a previsión da transversalidade de xénero en cada unha das súas partidas, de xeito que se transmita unha imaxe efectiva igualitaria, plural e non esterotipada de homes e mulleres na sociedade.

Desta maneira, garántese a igualdade no acceso ó emprego, na formación, na promoción e nas condicións de traballo e promociónase a igualdade e a participación activa das mulleres en todos os ámbitos da sociedade (cultura, educación, política, economía, deporte, saúde).

As contas contemplan ademais accións concretas dirixidas á prevención e a loita contra a violencia de xénero. 

Os orzamentos priman o gasto social e o benestar comunitario con preto de 1.500.000 euros e máis de 300.000 euros a Cultura, Educación e Deporte. Non se sobe ningún imposto, nin taxa, pola contra contémplase a redución da taxa do lixo nun 10 por cento e a gratuidade da gardería municipal.

Amplíase nun 40 por cento a axuda a os clubs de fútbol, nesta ocasión tendo en conta a necesidade de adquisición de test de antíxenos. Este ano haberá bases para axudas a festas parroquiais e asociacións culturais.

Investimentos reais e Fomento do Emprego

Inicialmente os orzamentos contan con 560.000 euros para investimentos reais, desa cantidade máis de 150.000 van destinadas á mellora de camiños municipais e outros 150.000 para reurbanización en San Martiño de Arroxo, Lobios e Sober. Tamén se contemplan partidas para resembrado e instalación de novos bancos para os xogadores nos dous campos de fútbol do Concello e obras de ampliación da rede de saneamento e melloras na de abastecemento.

A maiores das obras que figuran no plan de investimentos, contémplanse partidas para colaboración de convenios coa administración autonómica. Está previsto, entre outros, un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para saneamentos por 100.000 euros e un PIR con Medio Rural por 50.000 euros.

Continuase coas axudas para libros e material escolar para Infantil e Primaria, axudas para universitarios e este ano tamén para alumnado de BAC e ciclos superiores.

Segue tendo peso importante nos orzamentos de Sober o fomento do emprego cunha partida de preto de 80.000 euros. Contémplase ademais a subida salarial a todo o persoal do máximo que permiten os presupostos xerais do estado que é o 2%.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...