VÍDEO:”Na miña pel”, anticipo do vindeiro disco de Lucía Pérez

Despois de “Quince Soles”, a artista do Incio presenta “Na miña pel”, un sinxelo que chega como preludio do seu vindeiro traballo discográfico.

Portada 'Na miña pel'. Lucía Pérez.

Cunha imaxe innovadora e diferente á que estamos afeitos a ver, chega unha Lucía cun propósito de verdade, achegándose alí onde esconde os seus segredos. Hai moitas Lucías na pel de Lucía Pérez.

Un proxecto onde a forza interpretativa da artista galega mestúrase cun son orgánico e actual e unha música atmosférica que flúe e que se aferra ás nosas raíces.

A artista do Incio sincérase: “Detrás da miña pel, existen diferentes mulleres da miña vida que foron forxando a miña personalidade. As mulleres que din non. As mulleres que din adeus. As mulleres que aprenden. As mulleres que teñen medo, pero que non se deixan vencer por el. Non somos unha soa versión, senón moitas versións aunadas nunha mesma”.

“Na miña pel”, un single no que as diferentes formas de ser da intérprete xúntanse e cantan dende o fondo da alma para que a súa verdade chegue “ao máis fondo das persoas que a están a escoitar”.

Son a muller que me fixeron tódalas mulleres que levo na miña pel”, sentencia Lucía Pérez.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here