IniciosociedadeO conselleiro de cultura visita os Escolapios para comprobar os traballos de...

O conselleiro de cultura visita os Escolapios para comprobar os traballos de rehabilitación que executa o seu departamento

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, comprobou este martes o avance das obras de rehabilitación que o seu departamento está a acometer no Colexio de Nosa Señora da Antiga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta destina máis de medio millón de euros á recuperación do esplendor artístico deste conxunto na capital da Ribeira Sacra. O titular do departamento de Cultura do Goberno autonómico comprobou o avance dos traballos de restauración dos retablos de Nosa Señora das Escolas Pías e San Xosé de Calasanz e explicou que está prevista tamén a dos de Santo Cristo, San Xosé, Virxe das Dores, Virxe de Fátima, Santo Antón e a Adoración dos Reis, xunto co púlpito e o tornavoz.

Ata o momento os lotes correspondentes a estes últimos retablos quedaron desertos, pero a Consellería está a traballar para volvelos sacar a licitación no primeiro trimestre de 2022. En total o importe da licitación ascende a preto de 90.000€. Os traballos incluirán a limpeza, eliminación de elementos alleos, desinsectación, consolidación da madeira ou a reintegración cromática e de volumes, entre outros.

Esta actuación súmase ao proxecto de conservación e rehabilitación na igrexa, claustro e áreas de visita pública, que supoñen un investimento de 420.000€. As obras están moi avanzadas e a previsión é rematalas no mes de xaneiro.

Escolapios visita C. Cultura / C de Cultura

A intervención permitiu solucionar problemas estruturais que a igrexa sufría, como as gretas provocadas polo terremoto de Lisboa de 1755 e a fisura do muro do presbiterio. Así mesmo substituíuse a cuberta de tella da zona do presbiterio e consolidouse a bóveda deste espazo, entre outros traballos.

A maiores, aplicouse un tratamento de desinsectación do pavimento e dos elementos mobles da igrexa e efectuáronse pequenas actuacións nas carpinterías do tambor da cúpula para evitar a entrada de auga máis importante. O investimento feito neste inmoble forma parte do traballo levado a cabo na Ribeira Sacra cun forte compromiso inversor de 4,5 millóns de euros nunha trintena de actuacións nos últimos anos dentro da candidatura a Patrimonio Mundial.

Os orzamentos do Goberno galego para patrimonio cultural contemplan un incremento do 23,5% a través do que se executarán varias das accións previstas no novo Plan Catedrais, no Plan BIC dos Camiños de Santiago e na Ribeira Sacra. Así mesmo, lanzarase un plan de apoio para que os particulares poidan emprender a rehabilitación de bens etnográficos e duplicaranse as axudas en xacementos arqueolóxicos.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...