IniciosociedadeO Saviñao entrega menús de Fin de Ano ás familias que máis...

O Saviñao entrega menús de Fin de Ano ás familias que máis o necesitan

O Concello do Saviñao colabora coa entrega a domicilio dun menú especial Fin de Ano ás persoas que forman parte do reparto ordinario de alimentos con fillos a cargo. A iniciativa naceu de varios empresarios do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Persoal municipal fará entrega do menú este venres, 31 de decembro, ás familias que forman parte do programa do reparto ordinario de alimentos do Concello e que, ademais, teñan fillos ao seu cargo. A iniciativa foi proposta por cinco empresas do municipio: restaurante Playa da Cova, Bea Vilariño, Patatas Prado, Supermercado Aliprox e Panadaría Escairón.

O alcalde, Carlos Armesto, explica que “para preservar a identidade destas persoas, o Concello non facilita os seus datos ás empresas e encargarase, a través de persoal municipal, de facer entregar do menú o propio día 31 a aquelas familias que se atopan nunha situación puntualmente máis difícil, as que forman parte do programa do reparto ordinario de alimentos do Concello do Saviñao e que, ademais, teñan fillos ao seu cargo”.

O Concello contactou previamente con todas esas familias para coñecer cales poderían estar interesadas. Segundo o rexedor, “é unha iniciativa boa e á xente encantoulle”.

Armesto quixo agradecer a colaboración a tódalas empresas tendo en conta que “é un desembolso importante, especialmente para o restaurante Playa da Cova, porque falamos de máis de 56 menús que, por suposto, teñen un custo. Polo tanto, é de agradecer o seu xesto altruísta co que pretendan favorecer á xente máis desfavorecida”.

O Concello do Saviñao tamén se une á causa para que “nunhas datas tan sinaladas e entrañables, estas familias con fillos a cargo podan vivir o encanto do Nadal e rematar o ano cun menú especial que esperemos que lles guste moito”, conclúe o alcalde.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...