IniciosociedadeJosé Manuel Rodríguez: "Soubemos estar no sitio en momentos moi complicados e...

José Manuel Rodríguez: “Soubemos estar no sitio en momentos moi complicados e esa é a mellor noticia para afrontar o novo ano”

O Presidente do C.R.D.O.R.S. fai balance da Denominación no segundo ano de pandemia e felicita a adegas e viticultores por saber manterse en tempos difíciles, o que dá empuxe para afrontar o novo ano, "Hai que consideralo un ano de transición no que se comezou a recuperar esa alegría de mercado, que o ano pasado perdérase. Comezáronse a mover os viños e comezouse a embotellar a ritmos prepandemia."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No 2019 a D.O. Ribeira Sacra pechaba o mellor ano da súa historia despois de obter a calificación de Excelente para a colleita 2018, acoller a Asemblea de CECRV e nesa última vendima precovid recollíanse 7.262.831 quilos de uva de excelente calidad. “Un ano no que se creceu en quilos, a calidade da uva foi excelente, onde se creceu en prezo e demostrouse a estabilidade dun sector que ano a ano vai medrando e que marca un camiño firme, de expansión, que nos fai ver un futuro prometedor”, sinalaba o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez.

Dous meses e uns días despois comezaba a pandemia do coronavirus, cancelábanse todas as actividades promocionais e iniciábanse las limitacións na hostalería e restauración. O 2020 foi o ano de adaptación á nova situación, que se mantería neste 2021.

A D.O. Ribeira Sacra comezaba o ano con catas online xa iniciadas semanas antes coa campaña Ribeira Sacra. O viño deste Nadal. A actividade, guiada por Mercedes González Rodríguez, contou con moi boa aceptación por parte do consumidor. Abríase unha nova de forma de contacto cos consumidores e persoas interesadas no mundo do viño. A iniciativa repetiríase para a celebración de San Valentín.

Catas en liña D.O. Ribeira Sacra Mercedes González / C.R.D.O.R.S.

Destacaron este ano as puntuacións obtidas polos viños da D.O. Ribeira Sacra na Guía Peñín despois de que participaran das catas cerca de 100 viños de diferentes adegas, variedades, tipos e añadas entre el 2011 e o 2020. Moitos alcanzaron calificacións superiores a 90 puntos, mostrando así a boa evolución dos viños da Denominación de Orixe. Así a cata “El Sabor de un Paisaje” ofrecida pola enóloga, Isabel Mijares, abriu a XXI edición do Salón dos Mellores Viños de España e o 2021 tamén deu a posibilidade de recuperar a participación noutras feiras como Xantar.

Na Cata dos Viños de Galicia, por segundo ano consecutivo un tinto de D.O. Ribeira Sacra o viño Prómine Singular de Adegas Petrón S.L. de Sober – Subzona de Amandi conseguiu o galardón ao Mellor Viño Tinto de Galicia.

Outros tres viños da D.O. Ribeira Sacra foron galardoados:

  • Acio de Ouro tinto, Casa Moreiras da adega Casa Moreiras S.L. na categoría de D.O. Ribeira Sacra
  • Acio de Ouro branco, Almalarga da adegaAlma das Donas S.L.U. na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira
  • Acio de Bronce tinto, Don Bernardino Finca Mezquita da adega Don Bernardino S.L. na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira

Tamén a medidados do verán coñecíanse os resultados dunha nova edición do Mondial des Vins Extremes 2021 que se celebra no Val de Aosta (Italia), con 14 Medallas de Ouro e 7 Medallas de Prata para a D.O. Ribeira Sacra. Este ano foron Disinguidos Gallaecia 3 brancos e 15 en tintos.

Despois do verán comezou unha ampla oferta formativa dentro da programación de Formación Continua e Transformación Tecnolóxica na D.O. Ribeira Sacra neste 2021. Celebráronse cursos de aplicador manipulador de produtos fitosanitarios nivel básico e nivel cualificado, de enoturismo, viticultura sostible, comercialización e marketing en adegas.

Cata viños Ribeira Sacra D.O. / C.R.D.O.R.S.

Desenvolveuse o ciclo Catas de iniciación á Ribeira Sacra: achegamento do pobo ao mundo do viño, actividades que se levaron acabo entre mediados de agosto e novembro, con citas nos diferentes municipios da D.O. Ribeira Sacra.

Este ano a vendima comezaba oficialmente o 16 de setembro aínda que algunhas adegas iniciaban a recollida de uva a finais de agosto. O 20 de outubro finalizaba a vendima, case dúas semanas máis tarde que o ano anterior e despois de recoller 6.545.331 quilos de uva. 93 adegas vendimaron esta campaña ao amparo da D.O. Ribeira Sacra.

O ano pasado a climatoloxía converteuno nun ano complicado para a viña, pero neste 2021 a climatoloxía foi mellor do previsto e a campaña pechábase segundo o esperado, “Cumpríronse as expectativas de superar os 6 millóns de quilos. A uva entrou en adega en boas condicións, con bo grao, na media dos últimos 10 anos. Estamos volvendo ao que estaba en marcha no 2019, antes da pandemia, cando estabamos aumentando vendas e introducíndonos noutros mercados,” sinalaba José Manuel Rodríguez ao final da vendima.

Agora que o ano termina, o Presidente do C.R.D.O.R.S. fai balance e felicita a adegas e viticultores por saber manterse en tempos difíciles, o que dá empuxe para afrontar o novo ano, “Foi un ano bo no que na Denominación mantívose a recollida da uva, mantivéronse os prezos e incluso nalgúns casos aumentouse o prezo medio da uva. Hai que consideralo un ano de transición no que se comezou a recuperar esa alegría de mercado, que o ano pasado perdérase. Comezáronse a mover os viños e comezouse a embotellar a ritmos prepandemia. Isto foi un tempo que nos tocou vivir complicado e saiu de viticultores e adegueiros esa fortaleza que estaba aí e que en casos difíciles e nunhas circunstancias sobrevindas moi complicadas demostraron a súa fortaleza e profesionalidade. Esta é a mellor conclusión que se pode sacar deste ano,… que nos momentos complicados sóubose estar no sitio e esta é a mellor das noticias de cara a afrontar un futuro que co aprendido neste tempo complicado, permitiranos seguir asentándonos no mercado.”

Vendima na D.O. Ribeira Sacra. Foto: CRDORS

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...