IniciosociedadeAs novas máis vistas do 2021

As novas máis vistas do 2021

Para non perder o costume, e para rematar este ano que esmorece, aquí vos presentamos unha escolma das novas con maior repercusión e interese para as nosas lectoras e lectores.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta ocasión o ‘top’ de noticias máis seguidas non vai incluír ningunha relativa a sucesos nin referida á COVID19.

Non se trata de mirar para outro lado, senon de quedarnos con contidos de interese que tiveron moita repercusión e prescindir da información ‘cansina’ da pandemia e de sucesos que quizais é mellor esquecer…

Velaquí van as 8 novas máis lidas que non inclúen pandemia nin sucesos:

1- Entrevista a Sonia Noguerol, unha carniceira e camioneira que trunfa entre a xente e nas redes sociais coa súa naturalidade e retranca.

A quiroguesa contounos moitas cousas, entre elas que a chamaron para ser portada da Interviú e que rexeitou a proposta.

2-Julia Otero anuncia que se enfronta ao cancro.

A directora e presentadora de ‘Julia na onda’, a galega Julia Otero, anunciaba en febreiro que padecía cancro e que se apartaba un tempo da radio para someterse ao tratamento. Meses despois soubemos que daba por superada a enfermidade e aledámonos moito.

3-Artigo de opinión “Hola cabrones”.

Unha peza do noso colaborador Andrés Pavón na que lle rende unha sentida e merecida homenaxe ao Toño na cafetería Mar de Chantada. No peor momento para a hostalería decidía xubilarse.

4-Aprazamento da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial.

Unha nova que causou certa decepción. A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade non sería remitida á Unesco neste 2021 para a súa avaliación tras a emisión dun informe por parte do Incomos, no que este órgano asesor da Unesco cuestionaba algúns aspectos da proposta.

5-Reportaxe ao apicultor de Sarria, David Veiga.

Este xoven emprendedor de Santa María do Vilar contounos como se centrou na apicultura, e dende o 2017 vive só das abellas.

6-Unha lembranza do Parga, reporteiro do Progreso, dous anos despois do seu despedimento.

Nesta reportaxe fixemos un pequeno percorrido pola súa traxectoria para amosar a gran pegada que deixou na Comarca de Lemos como reporteiro do diario El Progreso durante moitos anos.

7-O erro da PP de Monforte respecto a un panel informativo en catalán.

A aparición en Monforte dun sinal informativo en catalán levou aos populares monfortinos a pensar que se trataba dunha obra do concello e resultou ser unha obra particular.

8-La muñequita, continuidade dunha coñecida mercería de Monforte.

Nesta nova informabamos que o negocio, cuns sesenta anos de vida, pasaba en traspaso a Teresa Alves, unha monfortina orixinaria de Angola que vía cumprido así un dos seus soños.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...