Ana López López gasta en 48 horas os 1.000€ do Lotón de Sarria

O Lotón, iniciativa do AceSarria, desenvolveuse entre o 15 e o 31 de decembro, de modo que os clientes do CCU de Sarria que mercaron neste período nos establecementos asociados entreban no sorteo que se celebraba o pasado día 4 e que daba como gañadora a Ana López López.

O Lotón Sarria 2022 / Aces Sarria

O ticket gañador foi mercado en Jugueteria y Puericultura 1,2,3 escondite ingles. Ana López López tivo 48 horas para gastar no comercio local os 1.000 euros do premio, tarefa que completaba na tarde deste mércores. .

O Lotón é a actividade central da campaña de Nadal en Sarria, cun premio moi apetecible entre os consumidores do CCU. Mil euros que premian a fidelidade dos consumidores ao pequeno comercio. Desde a o CCU de Sarria agradecen a participación da veciñanza nesta inciativa que agardan seguir repetindo cada Nadal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here