Galicia conta cun formulario web para a autodeclaración de positivos en Covid-19

Anteriormente, tamén se podía facer nas oficinas de farmacia e no teléfono 881 54 00 45. Pero a atención neste número "non era todo o áxil que nos gustaría", recoñeceu Comesaña, dada a avalancha de contagios das últimas semanas.

Formulario web da Consellería de Sanidade para a autodeclaración de positivos por covid-19.. WEB DA CONSELLERÍA DE SANIDADE | Fonte: Europa Press

A Consellería de Sanidade ten ten xa habilitada a web para que todas aquelas persoas que dean positivo nun test de autodiagnóstico de covid-19 poidan declaralo ás autoridades. Este portal abrirá un formulario que o paciente terá que encher os seus datos persoais –nome, apelidos, DNI e data de nacemento– xunto ao seu móbil e o municipio no que reside, así como a data en que se fixo a proba.

A partir de entón, recibirá unha chamada da Central de Seguimento de Contactos (CSC), que realizará ao paciente un cuestionario sobre os seus contactos estreitos e darlle as instrucións de illamento.

A información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here