Julia Otero volve á radio tras superar o cancro

A directora e presentadora monfortina de 'Julia en la Onda' regresou este luns ao seu programa en Onda Cero.

Julia Otero. Foto: Europa Press

Julia Otero, de 62 anos, anunciou en febreiro de 2021 que padecía cancro e apartábase un tempo da radio para someterse ao tratamento. “Nun control rutineiro, deses que todos temos que facernos, chegou a sorpresa. Nun recuncho apareceron células egoístas, como as chama o doutor López Otín”, explicou a presentadora durante o seu programa radiofónico.

Recentemente, a monfortina comunicaba que non ten “nin unha soa célula canceríxena”, aínda que se mostraba prudente ao insistir en que “o cancro é unha espada de Damocles que dura cinco anos como mínimo”. Este luns 10 de xaneiro regresaba á dirección de ‘Julia en la Onda’.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here