IniciosociedadeA historia de Paradela en imaxes para celebrar 200 anos do concello

A historia de Paradela en imaxes para celebrar 200 anos do concello

No 2020, coa pandemia recén comezada, o Concello de Paradela fixo 200 anos como tal entidade. Por este motivo, neste 2022 o concello quere conmemoralo dunha forma especial, elaborando unha exposición de fotos antigas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o concello de Paradela lembran que pola alarma sanitaria mundial, desde o 2020 houbo que prescindir de actos oficiais e tamén, en moitos casos de xuntanzas e homenaxes, polo que se buscou unha alternativa para a celebración dos 200 anos de historia desta administración local.

Este ano o concello quere conmemorar esta celebración dunha forma especial, elaborando unha exposición de fotos antigas e así recrear a historia de Paradela en imaxes.

Para elo solicitan da veciñanza que lles faga chegar fotos antigas dos distintos lugares, actividades e persoeiros do concello, fotografías que serán devoltas ao seus donos umha vez sacada unha copia. Para colaborar con esta celebración pódese solicitar máis información no 982541101 ou nas oficinas municipais.

Certame literario Manuel Oreste Rodríguez López

E o concello de Paradela ten en marcha a XXVII edición do certame literario Manuel Oreste, co que se honra a memoria deste escritor, Fillo Predilecto do concello. Nesta ocasión resentáronse 913 traballos, 490 na modalidade de narrativa, 396 son de poesía e 27 están relacionados co Camiño de Santiago, nova modalidade para poñer en valor a ruta xacobea ao seu paso por Paradela.

O fallo do xurado darase a coñecer no mes de maio contando con 7.000 euros en premios, sendo os primeiros de cada categoría de 1.000 euros e os segundos de 500 euros, contémplanse ademais 6 accéssit e 6 mencións de honra dotadas con 250 euros.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...