IniciosociedadePromóvese a cooperación entre os concellos lucenses para un desenvolvemento eólico sustentable

Promóvese a cooperación entre os concellos lucenses para un desenvolvemento eólico sustentable

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, xunto co delegado territorial da Xunta, Javier Arias, vén de manter un encontro con alcaldes e representantes de municipios lucenses para informar do proceso de tramitación dos proxectos eólicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Paula Uría subliñou que a Xunta ten claro que o futuro do sector eólico en Galicia debe pasar por unha planificación ordenada, que permita achegar seguridade xurídica ao sector, ao mesmo tempo que dá prioridade a un desenvolvemento compatible co medio natural. Con ese obxectivo, lembrou que a Administración autonómica decidiu establecer unha moratoria de ano e medio que acaba de entrar en vigor este mesmo mes, para poder tramitar coas máximas garantías os expedientes que hai agora mesmo sobre a mesa.

Entre outras cuestións a Xunta estableceu unha nova limitación na distancia dos aeroxeradores con respecto aos núcleos de poboación, co obxectivo de reforzar a compatibilidade coa protección do medio ambiente e as actividades do sector primario.

Ao respecto dos proxectos eólicos, a administración autonómica ten á disposición dos concellos a rede de información provincial de proxectos, unha guía divulgativa da tramitación e unha oficina de información, especialmente destinada, ao propietarios de terreos.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...