IniciosociedadeO xeodestino Ribeira Sacra pioneiro na mobilidade eléctrica

O xeodestino Ribeira Sacra pioneiro na mobilidade eléctrica

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, fixo entrega, este luns, 17 de xaneiro, dun vehículo híbrido enchufable ao Consorcio de Turismo como parte do convenio de colaboración asinado entre o Goberno Autonómico co obxectivo de contribuir á xestión sostible do xeodestino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto serviu tamén para a presentación do Plan de Mobilidade Sostible da Ribeira Sacra. Segundo sinalou Conde, A Ribeira Sacra vai abandeirar na comunidade o compromiso coa mobilidade eléctrica e sustentable a través deste plan que contribúe a acrecentar as calidades ambientais e paisaxísticas desta paraxe natural, candidata a Patrimonio da Humanidade. O vicepresidente económico fixo fincapé no orgullo que para todos significa estar traballando desde A Ribeira Sacra “no impulso dunha Galicia máis sustentable e comprometida coas enerxías renovables”.

O plan presentado hoxe ten por obxectivo electrificar o transporte colectivo (tanto autobús como catamarán) que dá servizo a ambas marxes do río e conecta os principais puntos de interese turístico. Para iso realizaranse as obras necesarias para que os pantaláns dos catamaráns turísticos dispoñan de puntos de recarga adaptados ás necesidades dos autobuses lanzadeira e dos propios catamaráns.

Conde agradeceu ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra a súa iniciativa e o seu espírito de colaboración coa Xunta, que está apoiando tanto a adquisición dun vehículo híbrido enchufable como a elaboración do Proxecto Fluvial-Eléctrico , dando o impulso  necesario para que poida optar ás axudas do programa Moves Proxectos Singulares do Goberno.

Tal e como apuntou o vicepresidente económico, o Plan de Mobilidade Sostible da Ribeira Sacra “é un proxecto que pode ser un modelo”. A iniciativa encaixa na Estratexia de Mobilidade eficiente de Galicia, e no traballo que está a realizar a Xunta para que Galicia siga dando pasos cara a unha mobilidade de baixas emisións, segura e conectada, a través do vehículo eléctrico. Dentro desta estatrexia hoxe mesmo abre o prazo de solicitudes do programa Renove de Automoción.

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...