IniciosociedadeCal é a situación sanitaria de Monforte e que accións se desenvolveron...

Cal é a situación sanitaria de Monforte e que accións se desenvolveron no 2021?

O Consello Municipal de Saúde de Monforte vén de celebrar sesión, co obxecto de analizar a situación sanitaria do Concello en relación coa pandemia do Covid-19 no último ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O punto central que se abordou nesta xuntanza ordinaria do Consello Municipal de Saúde foi a análise da situación sociosanitaria do concello de Monforte en relación coa evolución da pandemia da Covid-19 o longo do pasado ano 2021.

A primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, detallou actividades desenvoltas no pasado ano dende o Concello en relación coa pandemia, entre as que se salientaron a supresión dos grandes eventos do Concello, como a Cabalgata dos Reis, o Entroido, a Feira Medieval, o Festival do Viño ou as Festas Patronais.

Tamén se informou dos tres contactos directos que telefónicamente estableceu co Concello o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, e que coincidiron puntualmente co paso de Monforte a nivel alto de restricións no mes de xullo, co paso a nivel máximo en agosto, e cun novo paso a nivel alto en setembro. Tamén se salientou que en relación á sexta ola, non houbo unha comunicación oficial ó Concello

Gloria Prada lembrou outras iniciativas para “aliviar a grave situación económica que a pandemia provocou no noso tecido empresarial e social”: a campaña “Este Nadal eu merco en Monforte” que achegou axudas por importe de 30.000 euros para comercio e hostalería a principios de 2021, o “2º Plan Reactiva para a hostalería de Monforte”, unha liña de axudas que repartiu 200.000 euros entre todos os hostaleiros da cidade; a exención das taxas das terrazas ó longo de todo o 2021; o reparto de 190.000 máscaras para todos os censados en Monforte; a exención do recibo da piscina municipal do mes de febreiro de 2021; ou a importante colaboración que prestou o Concello no cribado que o Sergas desenvolveu na zona deportiva da Pinguela do 5 ó 7 de febreiro.

Pola súa banda, a Concelleira de Sanidade, Pilar Espinosa, expuxo as actuais cifras de incidencia da Covid na cidade, e analizou a difícil situación pola que está a pasar todo o persoal sanitario, indicando tamén a necesidade de reforzar dito persoal.

A xuntanza foi presidida polo Alcalde da cidade, José Tomé Roca, e nela estiveron tamén presentes Pilar Espinosa, Concelleira de Sanidade e vicepresidenta do Consello, e os vogais do Consello, Gloria Prada, 1ª Tenente de Alcalde, Emilio Sánchez, concelleiro do BNG, Germán Vázquez, concelleiro de Esperta Monforte, Elia Fernández, do Colexio Oficial de Enfermería, Sagrario Ferreira, do Colexio Oficial de Psicoloxía, Francisca Vázquez, pedánea de Bascós, Marina López, presidenta da Asociación de veciños de Cobas, Miguel Ángel Pino, presidente da Asociación de veciños da zona do Hospital, e representando á Plataforma en defensa da sanidade pública-PLADESAPLU asistiu Manuela Fuentes.

En conxunto, os asistentes coincidiron na necesidade de reforzar con mellores servizos e con máis persoal sanitario ó eido sanitario, para poder proporcionar unha mellor atención ós cidadáns.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...