O GES do Courel seguirá funcionando con seis efectivos

O Concello de Folgoso do Courel ratificou no Pleno do pasado venres o decreto proposto pola Alcaldía para a adhesión ao novo Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e as Deputacións Provinciais da Coruña e Lugo, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais.

GES Courel / concello Folgoso do Courel

No documento maniféstase a vontade do Goberno local de adherirse formal e expresamente a todas e cada unha das cláusulas do convenio mencionado, asumindo as obrigas e compromisos derivados do mesmo e con suxeición plena a todas elas.

Ademais, prorrogase o persoal existente, seis persoas e, en caso de producirse algunha nova contratación, que a mesma se realice de acordo co estipulado no propio convenio.

Segundo este convenio, Xunta e Deputación acordan apoiar a función dos GES, que vén a complementar a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais xunto cos parques de bombeiros, de forma que cubrirán zonas desprovistas de servizos de emerxencias nun ámbito de actuación superior á municipal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here