IniciosociedadeAlbores organiza o día 31 unha xornada sobre o novo marco normativo...

Albores organiza o día 31 unha xornada sobre o novo marco normativo da discapacidade

Debido á situación sanitaria actual é necesaria a presentación de Certificado Covid para a asistencia así como anotarse a través do correo electrónico albores@albores.org enviando nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro luns, 31 de xaneiro do 2022, ás 16:30 horas da tarde, a Asociación Albores Saúde Mental organiza unhas charlas sobre a Lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesal para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.

A mencionada lei modifica substancialmente a lexislación civil e procesal que afecta aos dereitos das persoas con discapacidade, adaptando o noso ordenamento xurídico á Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade, asinada en Nova Iorque o 13 da decembro do 2006. 

Nesta convención, acórdase que as persoas con discapacidade teñen a mesma capacidade xurídica que as demais persoas. En consonancia, supón deixar de falar de “tutela” e empezar a falar de “protección”. Supón a eliminación da incapacitación xudicial e a súa substitución por un sistema de medidas de apoio que teñen por finalidade permitir o desenvolvemento pleno da personalidade, con dignidade e en igualdade de oportunidades. Estes apoios respetarán sempre os dereitos, a vontade e os intereses da persoa. 

Dentro deste novo contexto, cobran relevancia os poderes e mandatos preventivos, a autocuratela, a defensa xudicial e a garda de feito. 

Programa da xornada

  • 16:30 horas. Recepción de asistentes. 
  • 17.00 horas. Presentación. Dona Delia Guitián Rodríguez (Psicóloga Clínica e Presidenta de Albores Saúde Mental) 
  • 17.15 horas. Os dereitos humanos e a discapacidade: A Convención de Nova Iorque. Conferenciante: Dona María José González Rodríguez (Avogada) 
  • 17:30 horas. As medidas de autorregulación, os mandatos e os poderes preventivos: Medidas voluntarias de apoio. Conferenciante: Don José Ramón Mazaira López (Notario en Monforte de Lemos) 
  • 18:00 horas. A fiscalía e a protección das persoas con discapacidade: As solicitudes de dotación de apoios ás persoas con discapacidade, para o exercicio da súa capacidade xurídica. Conferenciante: Don Antón Fructuoso Freire Montero (Fiscal de la Sección Territorial de Lugo) 
  • 18:30 horas. O proceso xudicial: Casuística. Conferenciante: Dona Mónica Ferreiro Quintas (Maxistrada Xuíza do Xulgado de 1ª instancia e instrución Nº1 de Monforte de Lemos) 
  • 19.00 horas. Valoración forense no ámbito xurídico. Conferenciante: Dona Verónica García Gordo (Médico Forense, anteriormente adscrita á sección Territorial de Lugo)
  • 19:30 horas Mesa Redonda e Preguntas 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...