Curso gratuíto en Sober sobre a aplicación Sergas-Móbil

Concello de Sober. Fonte: Concello

O Concello de Sober ofrece un curso gratuíto sobre a nova aplicación do Sergas (Sergas-Móbil) para que os veciños e veciñas poidan coñecer o seu manexo.

Con esta aplicación pódense pedir citas médicas, citas para receitas ou descargar o certificado covid, entre outras moitas xestións. O curso levarase a cabo os días 15, 16 e 17 de febreiro na aula de informática do Concello de Sober en horario de 12:00 a 13 horas.

As persoas interesadas en anotarse poden chamar ao 982 460 001.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here