IniciosociedadeMonforte quere recuperar a normalidade coa Feira Medieval que se celebrará os...

Monforte quere recuperar a normalidade coa Feira Medieval que se celebrará os días 16 e 17 de abril

Este xoves, 3 de febreiro, ábrese o prazo para solicitar a participación na XVIII Feira Medieval de Monforte, que se celebrará o sábado, día 16 e o domingo, 17 de abril de 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Feira Medieval de Monforte levaba dous anos sen celebrarse por mor da pandemia. Na pasada edición o concello elaborou dous vídeos promocionais con actores de renome co obxectivo de non esquecer a Feira Medieval e que servisen de impulso para volver con máis forza neste 2022.

O Alcalde salienta que “con esta convocatoria seguimos traballando na organización das actividades propias do calendario de eventos anual do noso Concello, cumprindo así co noso compromiso de volver a recuperar a normalidade fronte a covid-19, sempre que sexa posible segundo evolucionen as circunstancias determinadas pola pandemia”.

As bases recollen o procedemento de solicitude, documentación que se debe achegar, así como aspectos relacionados coas características dos postos, a decoración dos mesmos,  a utilización de materiais nas súas estruturas, o prezo e os horarios de apertura e peche.

Segundo se especifican nas citadas bases, o 28 de febreiro remata o prazo de inscrición, e o día 16 de marzo publicarase na páxina web municipal (www.monfortedelemos.es) a listaxe de admitidos e admitidas, data na que tamén se indicará a forma de facer efectivo o prezo de inscrición.

A organización da XVIII Feira Medieval admitirá tres modalidades de postos: alimentación, artesanía e comercio. E, do mesmo xeito, darase prioridade ás solicitudes de vendedores e vendedoras de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesá ou artesana.

O prezo dos postos de artesanía e comercio será de 41,19 € para os que midan ata 3 metros de longo e de 51,54 € para os que pasen desta medida. Os postos gastronómicos deberán ingresar 61,89 € independentemente do seu tamaño. O horario de apertura dos postos inscritos será ás 10:00 horas e o peche dos mesmos será entre as 21:00 e 23:00 horas,

Na Sede Electrónica da entidade (sede.monfortedelemos.es) pódese realizar a inscrición on line. Para elo deberá de dispoñer do certificado dixital ou DNI electrónico. O procedemento de inscrición atópase na área de Tramitación (modalidade: Cultura).

Máis información na Oficina de Promoción Económica e Emprego do Concello (Casitas da Compañía), nos teléfonos: 698181551 e 982884775 e no correo: feiramedieval@concellodemonforte.com.

“A Feira Medieval de Monforte é un dos maiores eventos da cidade a nivel cultural e comercial, xa que representa un atractivo turístico e axuda a atraer visitantes a Monforte e o conxunto da Ribeira Sacra. Queremos que a xente a poida seguir incluíndo dentro da súa programación de descanso e de ocio nas vacacións de Semana Santa, e traballamos para que así sexa”, concluíu o rexedor monfortino.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...