IniciosociedadeCorte de tráfico na rúa Doutor Casares de Monforte desde este venres...

Corte de tráfico na rúa Doutor Casares de Monforte desde este venres ás 15.00h

O concello de Monforte informa de cortes na rúa Doutor Casares, co obxecto de levar a cabo actuacións para a mellora da rede de abastecemento municipal de auga en dita rúa Dr. Casares, concretamente á altura do nº 2.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras de mellora desenvolveranse a partir das 15:00 horas deste venres, día 4 de febreiro, co obxecto de minimizar o efecto das obras sobre o tráfico rodado nesa zona da cidade.

Levarase a cabo o corte da rúa Dr. Casares no tramo entre a praza de Dr. Goyanes e a subida lateral ó Centro de Saúde, corte que permanecerá vixente polo tempo necesario que requira a realización da obra.

O corte estará debidamente sinalizado mendiante valos con sinais de prohibición de entrada que se situarán na entrada á praza de Dr. Goyanes, dende a rúas Malecón e Hortas, e á altura do Campo de San Antonio, nas inmediacións da entrada da rúa Méndez Casal.

“Dende o Concello, seguimos traballando na mellora da rede de abastecemento de auga da cidade, a fin de proporcionar ós nosos veciños e veciñas servizos de mellor calidade, para o que desenvolvemos, dentro do noso programa de mellora das infraestruturas do municipio, esta obra na zona centro da cidade, e nun tramo horario no que o tráfico rodado é menor”, destacou o Alcalde.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...