IniciosociedadeMelloran as cifras de reciclaxe en Monforte

Melloran as cifras de reciclaxe en Monforte

Os veciños reciclaron máis vidro, papel e cartón, roupa, pilas e enseres domésticos que en 2020, e mantéñense cifras similares en canto á recollida de envases e aceite doméstico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“As cifras de recollida de residuos en 2020”, resalta o Alcalde, “son mellores que en 2020 e que en 2019, polo que dende o Concello agradecemos ós cidadáns de Monforte a súa concienciación e colaboración, xa que están contribuíndo decisivamente a facer do Concello unha cidade máis limpa á vez que contribúen á protección do medio ambiente”. 

Son moi significativos os aumentos porcentuais en recollida de pilas (+42.97%, con 1,67 toneladas recollidas en 2021 fronte ás 1,168 tm de 2020 e na recollida de roupa, que se incrementa respecto a 2020 nun 173,84% (de 2,833 toneladas a 7,758 toneladas). Tamén son significativos os datos na recollida do colector azul (papel e cartón, cun incremento do 15,64%), así como de vidro (1,60%). Finalmente, a recollida de plásticos agrícolas, que se adoita facer principalmente nos meses de maio ou xuño, tamén reflexa un incremento porcentual do 13,70%. En canto á recollida de mobles, electrodomésticos e enseres, servizo que se pode solicitar chamando ó 901101390, o número de avisos pasou de 1.477 chamadas atendidas en 2020 a 1.243 en 2021.

Por colectores e tipo de residuo as cifras aportadas dende a Concellería de Medio Ambiente son as seguintes:

Colector amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. En 2019, recolléronse 190,3 toneladas, en 2020 foron 196,7 tm., e en 2021 foron 195,94 tm., polo que as cifras de recollida son similares nos dous últimos anos.

Iglú verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Neste colector aumentouse un 1,6% a recollida con respecto a 2020, no que foron 299,60 as toneladas recollidas fronte as 302,72 tm. en 2021. O volume recollido en 2019 foi de 301,52 tm.

Colector azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios… Neste colector aumentou significativamenta a recollida, alcanzando un 15,64% con respecto ó ano anterior (2019, 340,14 toneladas, 303,94 tm. en 2020 e 349,47 toneladas en 2021).

Contenedor verde: o colector destinado á recollida da chamada “fracción resto” correspondente a residuos urbanos, as cifras son similares nos tres últimos anos, con 6.704,87 toneladas en 2019 e 6.707,47 tm. en 2020, e 6.803,90 en 2021, un 2,02% máis.

Aceite doméstico: a recollida deste tipo de residuos tamén mantén cifras moi similares se comparamos os dous últimos anos, con 7,225 toneladas en 2020 e 7,205 toneladas en 2021, cifras que melloran as do ano 2019, no que se recolleron 6,722 toneladas.

Pilas: A recollida de pilas e baterías, que é un residuo altamente perigoso para o medio ambiente, é un dos residuos nos que a recollida máis aumentou en Monforte, en concreto, un 42,97% máis que en 2020, pasando das 1,168 toneladas a 1,67 tm. en 2020.

Plásticos Agrícolas: Foi este o tipo de residuo que máis se recolleu este ano en Monforte, recollida que se organiza ano a ano dende o Concello de Monforte, en concreto no meses de maio ou xuño. Deste xeito, a recollida de plásticos agrícolas aumentou en 2021 un 13,70% con respecto a 2020, pasando das 7,88 toneladas ás 8,96.

Recollida de mobles, electrodomésticos e enseres domésticos: Finalmente, na recollida de enseres domésticos, electrodomésticos e mobles, servizo que se pode solicitar chamando ó 901101390, o número de avisos pasou de 1.477 chamadas atendidas en 2020 a 1.243 en 2021.

Este descenso no número de chamadas e recollidas débese a que en 2020, debido ós periodos de confinamento determinados polas autoridades sanitarias por mor da Covid-19, constatouse moitos cidadáns aproveitaron para facer limpeza nas súas casas deste tipo de residuos. De feito, se observamos o número de avisos en 2019, este é de 1.027 chamadas, polo que comparando co 2021, o incremento neste último ano é do 21,03%.

Usa os colectores de cores: si ti separas, nós reciclamos

Dende o Concello de Monforte, o pasado ano leváronse a cabo dúas campañas de concienciación a reciclaxe de residuos domésticos. Baixo o lema “Usa os colectores de cores: si ti separas, nós reciclamos”, a campaña tivo por obxectivo informar ós veciños e veciñas sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que se xeran no fogar.

Para elo, dende o Concello levouse a cabo unha campaña informativa, cun novidoso reparto porta a porta de información directa ó cidadán, nas súas casas, e en todos os comercios de Monforte; e publicitaria coa publicación de anuncios en prensa, cuñas en radio e pancartas nas principais entradas da cidade.

O Concello tamén ubicou, como nos pasados anos, un stand informativo en distintos puntos da cidade, no que un monitor medioambiental informou ós cidadáns sobre o contido da campaña, repartindo para elo trípticos informativos e merchandising.

Finalmente, o pasado ano 2021, o Concello levou a cabo investimentos que superaron os 2,1 millóns de euros en renovación de equipos, colectores e vehículos para a recollida de lixo e limpeza viaria, “unha renovación moi importante para a nosa cidade e as nosas parroquias, que mellora significativamente a imaxe e a limpeza de Monforte, e que sen dúbida axudan a que no pasado ano 2021 os datos de recollida de residuos sexan mellores que en 2020, e poidan seguilo sendo neste ano 2022”, concluíu o Alcalde.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...